Que é ALIMENTANDO IDEAS?
ALIMENTANDO IDEAS é unha rede social, unha web de recursos didácticos, un blog e, sobre todo, un espazo educativo en que mozos de todo o mundo compartirán o seu traballo, inquietudes e ideas sobre os grandes temas da inxustiza alimentaria.
Un lugar para aprender, pensar, compartir e actuar.
É o momento de ALIMENTAR ideas!
A través da rede social Alimentando ideas poderedes:
- Escribir as vosas propias entradas no blog, compartindo as vosas experiencias e accións relacionadas co Conectando mundos ou outras relacionadas co tema da xustiza alimentaria.
- Conversar, debater e compartir nos foros temáticos con estudantes de todo o mundo.
- Subir ou descargar documentos e recursos como fotografÃas, vÃdeos e documentos de traballo dos diferentes proxectos.
- Ademais, poderedes unirvos a outros proxectos sobre a xustiza alimentaria. Cada proxecto é en si unha proposta educativa para continuar a traballar o tema e compartindo con alumnado doutras partes do mundo.


Como funciona?
- Comparte con outros o teu traballo, ideas e accións, en Alimentando ideas encontrarás o espazo para iso.
- Únete a outros proxectos e descarga os materiais.
- Traballa as propostas coa túa aula e continúa a profundar o tema na compañÃa de máis estudantes.
En ALIMENTANDO IDEAS poden participar todos os grupos de mozos que estean a traballar ou teñan traballado algunha das propostas educativas que ofrecemos na web.
Ademais, as entradas dos blogs son públicas, de forma que podemos dar a coñecer ás nosas familias, compañeiros, compañeiras e ao noso contorno o que estamos a facer mozos de todo o mundo para conseguir máis xustiza alimentaria.
Poden participar grupos a partir dos 6 anos de idade.