Facebook Twitter Google+
Oxfam Intermón
CANDO OS DEREITOS SE FRUSTRAN

CANDO OS DEREITOS SE FRUSTRAN
Desigualdade e dereitos sociais

14 años conectando_mundos

Hai 14 anos, un equipo de docentes e profesionais de Oxfam Intermón impulsou Conectando mundos, unha proposta educativa en que, desde entón, participaron 127.000 estudantes de 41 países diferentes, en máis de 1700 centros educativos. Despois dunha década, a proposta continúa en vigor, propondo cada ano unha temática: dereitos laborais, mudanza climática, migracións, cultura de paz, xustiza alimentaria...


Conectando mundos combina a actividade na aula co traballo colaborativo online e participan alumnos e alumnas de diferentes países de entre 6 e 17 anos. Trabállase a través dunha plataforma telemática multilingüe en 8 linguas (italiano, castelán, portugués, inglés, francés, galego, catalán e vasco), en que se traballa de forma cooperativa, organizados en equipos de traballo da mesma faixa de idade.

"Conectando mundos dá un paso máis alén da sensibilización, xa que o alumnado que participa non só reflexiona con espírito crítico sobre a inxustiza e as súas causas, compartindo puntos de vista con outros estudantes, senón que se propoñen e levan a cabo alternativas de acción", explica Anna Duch, responsábel da Unidade de Educación para unha cidadanía global de Oxfam Intermón.

O rol do docente é diferente ao ‘tradicional’ e oriéntase cara á figura facilitadora de procesos, isto é, anima os debates, inspira a reflexión, investiga e descobre cousas xunto aos seus alumnos...

80% do profesorado que participa na actividade considera que a proposta provoca mudanzas na actitude do alumnado respecto ao tema que trataron, ademais de incidir de maneira positiva nas relacións na aula. O índice de repetición é de 30% e 10% repetiu máis de 4 veces.

"Compañeiros que xa participaran noutras edicións animáronme a implicarme. É unha boa forma de inculcar valores que non se inclúen no programa de ningunha materia. Todos pasámolo ben, alumnos e profesores concienciándonos ao mesmo tempo sobre problemas importantes." Silvia Navas, profesora da escola Bérriz, Madrid

Cando acaba a actividade online de Conectando mundos, son organizados encontros presenciais de estudantes en diferentes cidades de España, onde os estudantes poñen en común o seu traballo e participan en accións conxuntas.


INFORME 10 años conectando mundos