castellano |  català |  galego |  euskara |  portugués |  italiano |  english |  RSS
Acceder






 

Sementes para un mundo máis xusto


Mil millóns de persoas sofren fame no mundo e a maior parte delas viven en países en desenvolvemento. A fame é aínda hoxe un problema sen resolver que non se debe á falta de alimentos, senón a un sistema alimentario terribelmente inxusto e a un sistema produtivo que esgota e destrúe os recursos naturais de que dependemos.

Na edición de Conectando mundos deste ano, traballaremos a inxustiza alimentaria coas nosas propostas didácticas, uníndonos ao movemento global que loita contra esta situación.

No ámbito da campaña CRECE de Oxfam, realizaremos accións en países de todo o mundo co obxectivo de exercer presión sobre os gobernos para reformaren as políticas que xeren inxustiza e para se implicaren de xeito urxente na promoción dun sistema alimentario e produtivo que asegure a preservación dos recursos e a súa distribución máis equitativa.

Máis informacións sobre a
campaña internacional de xustiza
alimentaria,


Os obxectivos que nos propomos abordar nesta edición de Conectando mundos son:

  1. Recoñecer a inxustiza e as desigualdades que existen no mundo a nivel alimentario fomentando a reflexión, concienciación e a indignación perante a carencia dun dereito básico: a alimentación.
  2. Analizar a orixe desta inxustiza, para entender as principais causas que provocan a fame e as desigualdades alimentarias no mundo.
  3. Reflexionar en torno de alternativas e posíbeis solucións perante a inxustiza alimentaria para fomentar actitudes e accións transformadoras que contribúan para paliar esta situación.

 

espais © 2011/12 conectandomundos.org