Obxectivos xerais de Conectando mundos
- Favorecer o diálogo intercultural entre mozos e mozas de ambientes sociais e xeográficos diferentes.
- Facilitar un espazo de traballo cooperativo efectivo a través das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), que posibilite o coñecemento mutuo, permita compartir realidades diversas e descubrir problemas comúns, baseándose no lema "pensa globalmente, actúa localmente".
- A partir da reflexión sobre o contorno próximo e o coñecemento sobre a realidade do resto dos e das participantes, tomar conciencia sobre as causas que provocan que unha maioría da poboación mundial non poida satisfacer as necesidades básicas e careza de oportunidades e dereitos, e elaborar conxuntamente unha proposta-compromiso para mudar esta realidade.
|
|
Obxectivos específicos da edición Conectando mundos, Soños da andoriña
- Coñecer e analizar, de forma crítica, os procesos migratorios: as causas e as consecuencias na vida das persoas e o noso contorno.
- Potenciar o interese e a curiosidade pola investigación ao redor do tema das migracións e do desenvolvemento no contexto próximo, compartir as principais ideas con alumnado de distintas realidades e así poder tirar unhas conclusións a escala global.
- Fomentar accións e condutas individuais e colectivas transformadoras, para contribuír para a construción dunha sociedade aberta, diversa e solidaria baseada no respecto recíproco entre persoas de distintas procedencias.
|