Facebook Twitter Google+

Secundaria

Obxectivos:

  1. Repensar os conceptos de crecemento e de desenvolvemento sobre a base dos principios de sustentabilidade ambiental e de xustiza social
  2. Entender as consecuencias sobre a sociedade e o medio ambiente a partir da análise crítica do modelo de produción, consumo e acceso a recursos básicos na actualidade.
  3. Coñecer e recoñecer hábitos e formas de vida e de consumo alternativos máis respectuosos coas persoas e co medio ambiente aos niveis micro e macro.
  4. Fomentar a xeración de alternativas e propostas de acción ao nivel individual e colectivo para unha mudanza nas nosas formas de vida que permitan un desenvolvemento sustentábel aos niveis social e medioambiental.

Contenidos:

  1. Análise do concepto de desenvolvemento e límites do crecemento económico desde as perspectivas social e medioambiental
  2. Aproximación ás lóxicas actuais de produción, distribución e consumo de catro elementos básicos para o benestar e a sustentabilidade: auga, enerxía, alimentos e riqueza
  3. Análise do efecto das dinámicas actuais de consumo desde a perspectiva da sustentabilidade.
  4. Exemplos e investigación sobre formas alternativas de vida, produción e consumo máis xustas e sustentábeis.
  5. Propostas e iniciativas individuais e colectivas que promoven o desenvolvemento de forma sustentábel no ámbito doméstico, local e global.