Conectando mundos
OXFAM

Actúa sobre o clima

Acción colectiva que tíñamos prevista para o Día da Terra, no próximo 22 de abril. Elaborar unha Árbore da Vida adaptándoa ás novas circunstancias.

A árbore é un símbolo da Natureza, mais tamén fai parte das culturas do mundo. É un nexo de unión entre todas as persoas e de todas as persoas coa Terra e agora ´máis do que nunca cremos que é importante valorizar e repensar a vida, a nosa forma de vida na Terra. E é por iso que vos propomos:

  • Que cada un, desde a súa casa, cree unha Árbore da Vida. Pode pintalo, esculpilo, formalo co corpo, deseñalo por computador, debuxalo nunha parede, compolo con palabras, fotografalo mentres o abraza… A vosa creatividade é o límite. Non importa se é un gran cacto rosa ou un diminuto salgueiro chorón de escarvadentes. Cantas máis formas, máis especies, máis cores, máis tamaños consigamos entre todas e todos... mellor!!
  • Despois, compartídeo co voso grupo de Conectando Mundos: para iso, tirar unha foto da vosa árbore e enviala ao voso profesor de referencia para colocalo no muro cos hasthags #Earthday e #Conectandomundos.
  • Tamén podedes colocar o voso traballo na varanda ou na xanela para dar unha mensaxe de vida e esperanza aos vosos veciños. Porque, facendo esta árbore, comprometédesvos coa vida, co planeta, con todas as persoas e seres vivos que a forman. Comprometédesvos a traballar por un mundo máis xusto e sustentábel.
  • Se vos apetecer, tamén poderedes sumarvos compartindo fotos do voso traballo a iniciativas e campañas locais e internacionais que tamén van ter lugar para celebrar o Día da Terra, así como outras accións vinculadas coa defensa dunha vida sustentábel. Por exemplo, en www.earthday.org o alianza-clima.blogspot.com.

Síguenos