
NOTICIAS
De novo, CONECTANDO MUNDOS
E o mellor de todo é que sen nos darmos conta xa estamos na IX edición e isto xa son palabras maiores! ;-)
Aos usuarios que chegastes até aquí e non coñeciades o proxecto, convidámosvos a que naveguedes pola web e animámosvos a participar na próxima edición.
E aos usuarios que xa estades inscritos, lembrámosvos que para acceder á actividade necesitades os datos que vos enviamos cando vos inscribistes por correo electrónico.
Durante 7 semanas, do 06/02/2012 ao 23/03/2012 traballaremos en equipo e é importante que recordedes que nós tamén facemos parte “deste” equipo e, por tanto, estaremos encantados de vos axudar sempre que o necesitedes.
Non dubidedes en escribirnos a info@conectandomundos.org perante calquera dúbida o problema que vos puider xurdir durante a actividade.
:-)
Equipo Conectando mundos
O QUE É CONECTANDO MUNDOS?
Conectando mundos é unha proposta educativa que combina a actividade na aula co traballo colaborativo on-line e na cal participan máis de 16.000 alumnos e alumnas de diferentes paÃses.Queres saber máis?
Sementes para un mundo máis xusto
Mil millóns de persoas de todo o planeta pasan fame. Esta situación non se debe á falta de alimentos para todo o mundo, senón a un sistema inxusto que esgota e destrúe os recursos naturais de que dependemos. Nesta edición de Conectando mundos, abordaremos as causas e as consecuencias desta situación e discutiremos cal é o noso papel na construción dun sistema alimentario xusto.Descubre novas formas de crecer