Facebook Twitter Google+
Oxfam Intermón
CANDO OS DEREITOS SE FRUSTRAN

CANDO OS DEREITOS SE FRUSTRAN
Desigualdade e dereitos sociais

O QUE É CONECTANDO MUNDOS?

Conectando mundos é unha proposta educativa telemática que combina a actividade na aula e o traballo en rede entre alumnado de 3 a 17 anos de diferentes realidades culturais, económicas e sociais, na cal participan centros de todo o mundo.

Trabállase a través dunha plataforma telemática multilingüe en 8 linguas (italiano, castelán, portugués, inglés, francés, galego, catalán e vasco), en que se interacciona e traballa de xeito cooperativo, organizados en equipos de traballo da mesma faixa de idade.

Cada ano traballamos unha temática concreta relacionada coa educación para unha cidadanía global como os dereitos laborais, a mudanza climática ou a pobreza, con propostas didácticas adecuadas á idade.


Os obxectivos xerais de Conectando mundos son:

  • Favorecer o diálogo intercultural entre mozos e mozas de ambientes sociais e xeográficos diferentes.
  • Facultar un espazo de traballo cooperativo efectivo a través das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) que posibilite o coñecemento mutuo, permita compartir realidades diversas e descubrir problemas comúns, baseándose no lema "pensa globalmente, actúa localmente".
  • A partir da reflexión sobre o ambiente próximo e o coñecemento sobre a realidade do resto dos e das participantes, tomar conciencia sobre as causas que provocan que unha maioría da poboación mundial non poida satisfacer as necesidades básicas e careza de oportunidades e dereitos, e elaborar conxuntamente unha proposta-compromiso para mudar esta realidade.

Quen pode participar?

Educadores e educadoras de todo o planeta poden inscribir o seu grupo-aula para participar nesta experiencia.


Canto tempo terei que dedicarlle?

A actividade ten 3 grandes fases:

  1. Durante as semanas previas á actividade, ábrese un módulo telemático para o profesorado que serve para preparar a actividade. Podes dedicar a esta fase o tempo que consideres necesario.
  2. A actividade co alumnado dura 12 semanas e está formulada para lle dedicar un mínimo de 1h semanal. Ao longo destas semanas, cada grupo accede á plataforma on-line de Conectando mundos, a través da cal se vai seguindo a evolución da actividade. Hai un primeiro traballo co grupo-aula, na aula, e un segundo traballo, a través da Internet, coas outras aulas do teu equipo de traballo.
  3. Para finalizar, en España, algúns alumnos de secundaria e/ou primaria participan en encontros presenciais de 1 ou 2 días, para poren en común as súas reflexións e propostas.

Olla o calendario deste ano!

Que teño que facer para participar?

Podes inscribir a túa aula, de forma totalmente gratuíta, nesta web.